Como aumentar a biodiversidade das construcións mariñas

4 minutos de lectura

Dende a terra dicimos que lle “ganamos metros ao mar”, pero tamén poderíamos dicir que o mar perde metros. Os soterramentos de zonas mariñas, ademais de supoñer unha perda de espazo público (Dominio Público Marítimo-Terrestre) supoñen unha grave alteración da liña de costa. A urbanización do litoral, é unha das principais causas de diminución da calidade dos hábitats mariños. Así o defenden moitas asociacións ecoloxistas de Galiza (Verdegaia, ADEGA) da Península Ibérica (Ecologistas en Acción, Quercus) e de todo o mundo (Greenpeace), ademáis as alteracións que as construcións mariñas causan son case sempre desprezadas polos construtores e os Estudos de Impacto Ambiental (EIA).

Lonxe queda xa a idea de que o “mar pode con todo” e os humanos estamos a darnos conta, cada vez con máis alarma, que as construcións á veira do mar deben facerse con parámetros de respecto polas dinámicas naturais e de xeito que alteren o menos posible as comunidades mariñas. Aínda así, a urbanización da costa é tendencia á alza en todo o mundo e nestes últimos anos leváronse a cabos grandes proxecto construtivos no mar como a palmeira de illas de Dubai, ou máis perto de nós (e a outra escala) os portos exteriores de Ferrol e Coruña.

The universe.jpg
“The Universe” Dubai. Foto de Tobias Karlhuber. Enlace

A construción de edificios, paseos marítimos, espigóns, portos, pantaláns, etc, en zonas que antes non eran terrestres non só destrúe os hábitat mariños senón que tamén altera as características da costa. As construcións mariñas non teñen as mesmas características que as rochas naturais, incluso cando son do mesmo material. A distinta inclinación e forma das estruturas artificiais, provoca que a comunidade de animais e prantas que teñan en xeral menos diversidade que na costa natural.

Ecoloxía aplicada

cacabelos_2018Un exemplo dos avances que se están a dar neste campo de investigación é este artigo publicado o pasado xullo de 2018 na revista Aquatic Conservation: Marine and Freshwater Ecosystems.  Esta publicación realizada por unha equipa de biólog@s portugues@s e galeg@s, continúa na liña de traballo que estan está a desenvolver en centros de investigación das illas portuguesas de Madeira e Açores. O innovador deste artigo é que @s investigador@s combinaron a ecoloxía aplicada ca teoría da coexistencia das especies para maximizar a biodiversidade das construcións humanas.

Sábese dende fai uns anos que con pequenos cambio nun espigón, como perforar as pedras para que non sexan totalmente lisas, incrementase a diversidade dos animais e plantas. Estas sinxelas e baratas modificacións, foron o inicio desta liña de  investigación que leva a concluír que se poden deseñar distintas modificacións para fomentar a convivencia de varias especies de gasterópodos mariños e aumentar a biodiversidade. Esta equipa, xa ten demostrado en estudos anteriores que os buratos deben facerse na súa xusta medida xa que as pedras con maior diversidade son as que teñen unha densidade media de buratos. O artigo conclúe que engadir microhábitats (como os furados) é un mecanísmo efectivo para aumentar a diversidade das estruturas artificiais.

Moito queda por saber sobre o comportamento das comunidades mariñas, pero xa temos coñecementos como para saber que solucións crean entornos con maior diversidade. As conclusións deste e doutros artigos, deberán terse en conta na realización de novas infraestruturas mariñas posto que aportan solucións para mitigar os efectos nocivos de construir no mar.

diversidade_seawals_
Figura1: Diferentes niveis de parcheado obtidos ao taladrar 16 puntos (12 mm de diámetro, 10 mm de profundidade) dentro das áreas da parcela, logrando (a) parches baixos, (b) intermedios e (c) altos. Nos gráficos de control (d), no se engaden furados.

Referencias

Cacabelos E, Thompson RC, Prestes ACL, Azevedo JMN, Neto AI, Martins GM. Patchiness in habitat distribution can enhance biological diversity of coastal engineering structures. 2018. Aquatic Conserv: Mar Freshw Ecosyst. Pax. 1-9.

Chapman, M.G. & Blockley, D.J. Oecologia. Engineering novel habitats on urban infrastructure to increase intertidal biodiversity. 2009. 161: 625

Federaciones de: Andalucía, Asturies, Canarias, Cantabria, Catalunya, Ceuta, Euskal Herria, Melilla, País Valencià, Región Murciana. [Informe] Banderas Negras 2018. 27/06/2018. https://www.ecologistasenaccion.org/?p=99126

Costashttps://es.greenpeace.org/es/trabajamos-en/oceanos/costas/ consultado o 06/01/2019.

Verdegaia – Vigo. Portos, praias e bandeiras azuis. 12/07/2017. http://www.verdegaia.org/index.php/verdegaia-vigo-nos-comarcais-146/1708-portos-praias-e-bandeiras-azuis consultado o 06/01/2019.

Litoral. http://adega.gal/info/090121joomla/areas-tematicas/litoral consultado o 06/01/2019.

A Direção Nacional da Quercus – Associação Nacional de Conservação da Natureza. Zona costeira necessita de intervenções urgentes para resultados a longo prazo: Quercus não quer 300 milhões euros deitados ao mar. 14/01/2014. https://www.quercus.pt/comunicados/2014/janeiro/3269-zona-costeira-necessita-de-intervencoes-urgentes-para-resultados-a-longo-prazo-quercus-nao-quer-300-milhoes-euros-deitados-ao-mar consultado o 06/01/2019.

Jorge Sanchez Mosquete. MEGAESTRUCTURAS: Palm island. http://www.mosingenieros.com/2010/04/palm-islands.html consultado o 06/01/2019.

Nuevas Instalaciones Portuarias de Punta Langosteira http://www.puertocoruna.com/es/puerto-exterior/puerto/index.html consultado o 06/01/2019.

Puerto Exterior. http://www.apfsc.com/puerto-de-ferrol/infraestructuras/puerto-exterior/ consultado o 06/01/2019.